Aínda non está publicado o noso novo traballo e temos xa unha xira pechada por toda Galicia. En total e polo momento, preto de 15 concertos en distintas cidades, vilas e aldeas do país… Pero haberá máis! Nas vindeiras semanas anunciaremos novas datas, esta será unha das xiras con máis concertos da nosa historia.

A pandemia detivo as nosas actuacións e son moitas as citas que temos pendentes en festas, romarías e teatros. O noso Camiño Longo chegará a todos os recunchos de Galicia.

A xira comezará o vindeiro 21 de maio cun concerto moi especial no Teatro Afundación de Vigo no que será a presentación ao seu público de Camiño Longo, o libro disco que celebra os 30 anos de Treixadura, un percorrido artístico, visual e histórico da nosa carreira musical. Unha celebración da música galega que recolle a tradición e pon en valor a súa riqueza cultural.

Listaxe de concertos de Treixadura no 2022 (iremos actualizando):

21/05/22. Vigo. (Teatro Afundación). Presentación Disco/Libro “Camiño Longo”.

03/06/22. Crecente (Po). Festas do Cristo.

24/06/22. A Estrada. Festas Patronais de San Paio.

25/06/22. Narón. Pista Polideportiva de San Xiao.

16/07/22. Meaño (Coa Banda Unión Musical De Meaño). Festa Do Viño De Autor.

25/07/22. O Rosal. (Coa Banda Agrupación Musical Do Rosal).

29/07/22. Moaña. Festival Intercéltico do Morrazo.

30/07/22. A Estrada (Berres). Festas Patronais.

04/08/22. Vilalba.

13/08/22. Vilanova De Arousa.

15/08/22. Cuntis. Festas Patronais.

21/08/22. Betanzos. Festas Patronais.

22/09/22. O Porriño. Festas Do Cristo.

(contacto para contratacións: Antón Rodríguez 986 337 069 | 678 578 013 – anton@armusica.es)