Hoxe non hai palabras que reconforten a alma.

Quédanos darlle grazas á vida por ternos ofrecido a compaña dun home tan entrañable, por ternos
permitido gozar de tantas horas de viaxes, de anécdotas e da túa calor.

Sentímonos orgullosos de ti, que es parte dos bos e xenerosos.

Seguimos o noso camiño longo e ti seguirás nel por sempre, coa túa pandeireta, co teu canto amable,
coa túa tenrura e gratitude e sorrindo para todos nós. Xunto a Morgan e Mingos Lorenzo, o ceo ten o
seu particular orfeón.

Con Vento das Cíes e Froles Mareliñas choramos a túa ausencia e honraremos a túa memoria coa
nosa música.

Sabemos que o teu desexo é que sigamos aledando a familia Treixadura, e compartiremos o futuro
contigo, sempre nos nosos corazóns.

Querémoste e quererémoste de por vida.

Grazas por todo, amigo.

Treixadura