Como todos os anos (agás os da pandemia, por cuestións alleas ao grupo) estamos a organizar a xira que nos levará por distintos puntos do país para compartir co noso público a música que nos sae do corazón. Que non é nosa, mais de todos nós.

Quedan moitos concertos por pechar e organizar, pero polo de agora, podemos confirmar os seguintes:

25/03/23 O Valadouro. Mercado da Primavera

09/04/23 Tui. San Telmo

23/04/23 A Estrada (Cereixo). Romaría de San Xorxe

28/04/23 Ordes

29/04/23 Poio

16/05/23 O Carballiño. Letras Galegas

17/05/23 Lourenzá. Letras Galegas

04/06/23 Ribadeo. Festa das Cruces de Arante

29/07/23 A Estrada (Berres). Festas do Amparo

13/08/23 Vilagarcía de Arousa. San Roque

A medida que vaian xurdindo máis datas, iremos comunicando pola web e vía redes sociais, así que ficade atentos e atentas!