Xira de verán – Inda Canto!
Xa comezou a nosa xira de verán, unha xira que servirá de presentación para o noso novo traballo Inda Canto! en toda Galicia. Con festivais, festas e concertos en solitario, esta xira nos levará ata finais de setembro por toda Galicia achegando a música tradicional…
Puntos de venda de Inda Canto, o novo disco de Treixadura
Ainda non tes o teu disco de Inda Canto? Busca na túa localidade o lugar para facerte co teu, se non o tex podes compralo na web, pero non quedes sen o teu disco, Inda Canto! é o disco do verán.
Concerto de Treixadura o domingo 22 de abril en Noia – Inda Canto!
Regresa Treixadura á vila de Noia. Agradecidos e desexosos por podervos presentar o noso novo traballo discográfico, “Inda canto!”. Este domingo 22 de abril ás 21:30 na Praza do Tapal, en Noia.
XA Á VENDA INDA CANTO, O ÚLTIMO DISCO DE TREIXADURA
• Composto por 12 cancións, Inda canto continúa a labor de Treixadura de poñer en valor a música tradicional galega • O sétimo disco de Treixadura quere ser unha homenaxe a todas aquelas persoas que loitan por manter viva a música galega Xa está á…
TREIXADURA PUBLICARÁ ESTE MES DE ABRIL INDA CANTO, O SEU SÉTIMO DISCO
Composto por 12 cancións, Inda canto continúa o labor de Treixadura de poñer en valor a música tradicional galega. Pasaron tres anos desde o último traballo de Treixadura. Despois de máis de 3 años desde a publicación do seu último traballo, volve Treixadura neste mes…
Categorías
- Novas (12)