Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
32 anos de gravacións e concertos 8 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
PRÓXIMOS CONCERTOS
Concerto – Festa do Viño de Vilaboa
Concerto de Treixadura en Riomaior (Vilaboa), no marco da Festa do Viño No concerto revisaremos a nosa discografía, prestando especial atención ao noso último disco Camiño longo, co que quixemos recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como lles acae a madurez e...
DISCOGRAFÍA
ÚLTIMAS NOVAS
Confirmados os primeiros concertos da xira 2023
Como todos os anos (agás os da pandemia, por cuestións alleas ao grupo) estamos a organizar a xira que nos levará por distintos puntos do país para compartir co noso público a música que nos sae do corazón. Que non é nosa, mais de todos…
Ata sempre, amigo. Na memoria de Antón Cabaleiro
Quédanos darlle grazas á vida por ternos ofrecido a compaña dun home tan entrañable, por ternos permitido gozar de tantas horas de viaxes…