Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

PRÓXIMOS CONCERTOS
Concerto de Treixadura – Cuntis
Concerto de Treixadura en Cuntis, no marco das súas Festas Patronais para presentar o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar os máis de 30 anos de andaina do grupo. Con Camiño longo, Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como...
Máis información »Concerto de Treixadura – Pontevedra (Festas da Peregrina)
Concerto de Treixadura en Pontevedra, no marco das Festas da Peregrina, para presentar o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar os máis de 30 anos de andaina do grupo. Con Camiño longo, Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como...
Máis información »Pontevedra, 36001
Concerto de Treixadura – Betanzos
Concerto de Treixadura en Betanzos, no marco das súas Festas Patronais para presentar o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar os máis de 30 anos de andaina do grupo. Con Camiño longo, Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como...
Máis información »DISCOGRAFÍA
ÚLTIMAS NOVAS
Puntos de venda de Camiño longo
Ainda non tes o novo traballo de Treixadura, Camiño longo? Un disco (que podes adquirir en formato CD ou USB) con 17 cancións que recupera as melodías dos nosos inicios para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Un…
Xira por toda Galicia para presentar Camiño Longo
Aínda non está publicado o noso novo traballo e temos xa unha xira pechada por toda Galicia. En total e polo momento, preto de 15 concertos en distintas cidades, vilas e aldeas do país… Pero haberá máis! Nas vindeiras semanas anunciaremos novas datas, esta será…