Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
32 anos de gravacións e concertos 8 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

PRÓXIMOS CONCERTOS
Concerto – Treixadura en Chapela, Redondela
Concerto de Treixadura no paseo marítimo de Chapela, Redondela (Parque de Calistenia de Chapela). Entrada de balde e ao aire libre.
Rendondela, Pontevedra 36320
Concerto – Treixadura en Cambados (LXXIII Festa do Albariño)
Concerto en Cambados, na Festa do Albariño. Praza de Fefiñáns. De balde ao aire libre.
Cambados, Pontevedra 36630 Spain
Concerto – Xeve, Pontevedra (Festixeve)
Concerto de Treixadura no festival Festixeve, no Campo do Vilar (Lugar de Fragoso), Santo André de Xeve, Pontevedra; o próximo Sábado 2 de Agosto de 2025. Entrada de balde ao aire libre.
Fragoso, Xeve, Pontevedra, 36150
DISCOGRAFÍA
ÚLTIMAS NOVAS
Treixadura 2025
Comeza a xira 2025 de Treixadura, onde presentamos novas cancións cheas de enerxía e de tradición. Podedes consultar todas as datas onde estaremos este ano na nosa páxina web www.treixadura.gal e nas redes sociais. Agardámosvos a todas e todos nas festas en Galicia! 24/07/25 Chapela,…
Confirmados os primeiros concertos da xira 2023
Como todos os anos (agás os da pandemia, por cuestións alleas ao grupo) estamos a organizar a xira que nos levará por distintos puntos do país para compartir co noso público a música que nos sae do corazón. Que non é nosa, mais de todos…