Tras o percorrido do seu anterior álbum Camiño Longo (2022) , a lonxeva formación tomou o seu tempo para compoñer e madurar novas cancións. Dese proceso nace Portalén, un disco que dialoga coa historia de Treixadura e coa tradición que sempre a acompañou, pero que mira cara adiante con novas pezas e novos camiños sonoros.
O disco preséntase como unha porta simbólica entre o pasado e o presente, un lugar onde o vivido se transforma en futuro. Un disco pensado para ser escoitado con calma e, sobre todo, para ser compartido en directo. O primeiro adianto deste traballo chegou o 20 de febreiro co lanzamento o sinxelo que abriu a porta a este novo universo musical conformado por dezanove temas.
Temas incluídos neste disco:
1. Muiñeira da Moa
2. Portalén
3. Fiadiña
4. Cantar de Fornelos
5. Os catro camiños de Riofrío
6. Do Pindo ao Caramiñal
7. Cantar de Caldas
8. Caramuxos
9. Cantar de Viveiro
10. Brúa!
11. Cantar de Santiago
12. Foliada do Desdén
13. Refaixos de Torroso
14. Cantar de A Rúa
15. Foliada do Pensamento
16. Cantar de canteiros
17. A virxe do Portovello
18. Airiños aires
19. Cantar de Mazaricos



Reseñas
Aínda non hai valoracións.