CONDICIÓNS DE COMPRA
1. OBXECTO
As presentes Condicións de Compra regulan a adquisición de produtos e/ou servizos ofrecidos a través deste sitio web, así como os dereitos e obrigas das partes derivadas da relación comercial entre a empresa titular e as persoas usuarias.
A realización dun pedido implica a aceptación plena e sen reservas destas condicións.
2. IDENTIFICACIÓN DO TITULAR
- Titular: TREIXADURA
- CIF: B75674341
- Enderezo: Rúa Pombal, 6 – 36630 Cambados
- Correo electrónico: correo@treixadura.com
- Teléfono: 683 320 953
3. PRODUTOS E SERVIZOS
Os produtos e servizos ofertados neste sitio web descríbense coa maior precisión posible. Non obstante, pequenas variacións nas imaxes, cores ou acabados poderán deberse ás características dos dispositivos desde os que se visualiza a páxina ou ás propias características do produto.
O titular resérvase o dereito de modificar, retirar ou actualizar os produtos, servizos e prezos en calquera momento.
4. PROCESO DE COMPRA
Para realizar unha compra, a persoa usuaria deberá seguir o procedemento habilitado na páxina web, facilitando os datos solicitados de forma veraz e completa.
Unha vez finalizado o proceso, recibirase unha confirmación da compra no enderezo de correo electrónico facilitado.
5. PREZOS
Todos os prezos amosados na páxina web inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) legalmente aplicable segundo a tipoloxía de produto:
Tipo xeral (21% IVE): Aplicable á maioría dos produtos metálicos, de merchandising ou servizos.
Tipo superreducido (4% IVE): Aplicable aos formatos Libro-CD.
Os gastos de envío amosaranse de forma desglosada e transparente antes da confirmación definitiva do pedido.
6. FORMAS DE PAGAMENTO
Para a comodidade da persoa compradora, admítense os seguintes métodos de pagamento:
- Tarxeta bancaria (débito/crédito).
- Transferencia bancaria.
- Bizum.
- PayPal (a través da conta oficial de Treixadura).
- Outros métodos que se indiquen no momento da compra.
O pagamento deberá efectuarse na súa totalidade para proceder á tramitación do pedido.
7.ENVÍOS E PRAZOS DE ENTREGA
Cobertura xeográfica: Realízanse envíos a calquera zona/destino.
Empresa de transporte: Os envíos xestionaranse e realizaranse a través do servizo de Correos.
Gastos de envío: O custo estándar de envío é de 6,00 € (salvo que se indique un importe diferente de xeito expreso antes de finalizar a compra por razóns de peso, volume ou destino especial).
Prazos de entrega: Os prazos son orientativos, xa que a xestión da entrega depende directamente dos tempos de expedición e tránsito do servizo de Correos. No caso de producirse un atraso significativo ou calquera incidencia no envío, informarase á persoa cliente coa maior brevidade posible.
8. DEREITO DE DESISTIMENTO
De conformidade coa normativa vixente de protección aos consumidores (Real Decreto Lexislativo 1/2007), a persoa compradora ten dereito a desistir da compra nun prazo de 14 días naturais desde a recepción do produto, sen necesidade de xustificación.
Procedemento: Para exercer este dereito, deberá contactar co titular a través do correo electrónico correo@treixadura ou do teléfono 683 320 953.
Condicións do produto: O produto deberá devolverse no seu estado orixinal, sen usar, en perfecto estado e coa súa embalaxe orixinal.
Gastos de devolución: Salvo erro ou defecto do produto por parte de Treixadura, os gastos de envío derivados da devolución por desistimento correrán a cargo da persoa compradora.
Excepcións: Quedan excluídos do dereito de desistimento os produtos personalizados, contido dixital xa descargado ou servizos completamente executados co consentimento previo da persoa usuaria.
9. DEVOLUCIÓNS
No caso de recibir un produto defectuoso (por exemplo, un CD con fallos de reprodución ou danos de orixe) ou que non se corresponda co pedido realizado:
A persoa cliente deberá comunicalo á maior brevidade posible a correo@treixadura.com
Unha vez recibido o produto defectuoso nas nosas instalacións e verificado o erro ou fallo, procederase á substitución automática e envío dun novo produto sen ningún tipo de custo adicional para o cliente.
10. GARANTÍA
Todos os produtos vendidos contan coa garantía legal establecida pola normativa de protección das persoas consumidoras e usuarias.
A garantía non cubrirá danos derivados dun uso indebido, manipulación incorrecta, desgaste normal ou intervencións realizadas por terceiros non autorizados.
11. RESPONSABILIDADE
O titular non será responsable das interrupcións do servizo da páxina web, erros derivados de causas alleas á súa vontade, casos de forza maior ou incidencias técnicas que impidan temporalmente o acceso ou a xestión de pedidos.
12. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados durante o proceso de compra serán tratados conforme ao establecido na Política de Privacidade deste sitio web e na normativa vixente en materia de protección de datos.
13. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións de Compra rexeranse e interpretaranse de acordo coa lexislación española.
Xurisdición: Para a resolución de calquera controversia ou litixio derivado da interpretación ou execución destas condicións, as partes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de Cambados (Pontevedra), sen prexuízo das normas imperativas que resulten de aplicación en materia de consumo para a protección das persoas consumidoras.
Plataforma ODR: De acordo co Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013, infórmase de que a Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña dispoñible no seguinte enlace: https://ec.europa.eu/consumers/odr/.
14. MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS
O titular poderá modificar estas Condicións de Compra en calquera momento. As condicións aplicables serán as que estean vixentes na data de realización do pedido.