- Este evento pasou.
Concerto de Treixadura – San Amaro (Ourense)
3 Setembro, 2022 | 22:30 - 23:59
Concerto de Treixadura en San Amaro (Ourense), no marco do primeiro Festival Céltico no Castro de San Cibrao de Lás, para presentar o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar os máis de 30 anos de andaina do grupo.
Con Camiño longo, Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Este disco é o rexistro dunha parte da vida compartida con todo o público do grupo: 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables.
Non faltedes!