Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concerto de Treixadura – O Rosal

25 Xullo, 2022 | 22:00 - 23:59
Concerto Treixadura Camiño Longo
Concerto de Treixadura no Rosal para presentar o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar os máis de 30 anos de andaina do grupo. Estaremos acompañados pola Banda da Agrupación Musical do Rosal!
Con Camiño longo, Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Este disco é o rexistro dunha parte da vida compartida con todo o público do grupo: 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables.
Non faltedes!
Aínda non tes Camiño longo? Atópao na túa tenda favorita

Detalles

  • Data: 25 Xullo, 2022
  • Hora:
    22:00 - 23:59
  • Categoría do Evento:

Recinto

  • O Rosal
  • Praza do Calvario, 1
    O Rosal, Pontevedra 36770
    + Google Map