Banda Municipal de Música da Coruña

Banda Municipal Música Coruña

Director: Juan José Ocón Arza

Frautas:
Adrián Siva Magdalena
Flora Dopico Bouzamayor (Píccolo)

Óboes:
José Antonio Neira Mella
Lidia Iglesias Vaamonde
José Manuel Abal Rosales

Fagotes:
Gezim Malaj Karteri
David Novelle Fernández

Clarinetes:
Pablo Álvarez Rodríguez
José Vicente Coba López
Melissa David Álvarez
Jorge García Porral
Óscar González Estévez
José Padín González
José Juan Pérez Paz
Alberto Piñeiro Leiva
Marcos Represas Carrera (Requinto)
Jesús Sánchez Montero
Francisco Javier Vidal Suárez

Clarinete Baixo:
Meijide Failde, Joaquín

Saxofóns Altos:
José Ángel Presa Carrera
José Luís Represas Carrera (Subdirector)

Saxofón Tenor:
Rodríguez Lagares, José Ramón

Saxofón Barítono:
Juan Carlos Mazás Sanmartín

Trompetas:
Miguel Brea Seoane
Guillermo Sabarís Abalo
Roberto Verde Prieto

Fliscornos:
Bernardo Bernardo Landrove
Marcos Fernández Guzmán

Trompas:
Alma Sarasola Pontón
Pedro Pintos Rodríguez
José Luís Silva García

Trombóns:
Iván Carreira González
Carlos Figueira Abuín
Juan Gestal Pan

Bombardinos:
Lorenzo Castro Pérez
José O. Sueiro Menor
Pablo Dopazo Gondar

Tubas:
Alfredo López Castro
Miguel Rodríguez Barrio

Violonchelos:
Víctor R. Cardoso Rada
Ilia Keilin

Contrabaixos:
Adolfo Alemany Alemany
Simón García Sánchez

Percusión:
Antonio Agra Dìaz
Roberto Bao Rodríguez
Vidal Martínez Vento
Francisco Vecino Mosquera

En 1947 creouse a “Banda – Orquestra” Municipal da Coruña. O seu primeiro concerto público, baixo a dirección de Rodrigo A. de Santiago, celebrouse o 26 de xullo de 1948 no Teatro Rosalía  de Castro.

A denominación ” Banda – Orquestra” significaba a posibilidade de que dentro dunha soa agrupación de setenta e cinco músicos funcionasen dúas entidades diferentes, aínda que complementarias, dotadas de medio centenar de executantes cada unha. A Banda nacía como unha colectividade completa en si mesma; e a Orquestra compoñíase dos vinte e cinco arcos máis outros tantos intérpretes de vento e percusión, pertencentes á Banda, que desdobraban as súas funcións cando a agrupación sinfónica realizaba os seus concertos.

A vida das dúas entidades foi moi dispar. A Banda permaneceu ao longo do tempo, adquiriu un notable repertorio e afianzouse como unha das colectividades de maior categoría artística en España dentro do xénero. A Orquestra, pola contra, tivo unha vida azarosa: extinguiuse na práctica nos anos sesenta do século pasado e foi refundada, grazas aos esforzos de Rogelio Groba, en 1981. Ten o mérito de constituír o antecedente da actual Orquestra Sinfónica de Galicia, unha das mellores agrupacións instrumentais de España.

Nos seus anos de existencia, a Banda tivo á fronte a varios directores, todos eles excelentes músicos. O primeiro titular, Rodrigo A. de Santiago, realizou a difícil tarefa de crear un corpo de executantes de notable nivel artístico e de consolidar, ao longo de vinte anos, un amplo repertorio.

Rogelio Groba substituíulle na agrupación coruñesa. Con el, a Banda ampliou considerablemente o seu repertorio e mantívose na mesma liña de categoría artística. Permaneceu á fronte da colectividade durante máis de vinte anos.
En 1991, fíxose cargo da dirección Indalecio Fernández Groba que, sen variar substancialmente a liña dos seus antecesores, introduciu algunhas innovacións no repertorio e contratou a instrumentistas de moi alto nivel, en substitución daqueles que, naturalmente, se foron xubilando.

En 2005, debido á xubilación de Fernández Groba, o Concello contrata ao director holandés Marcel van Bree a quen nomea titular da colectividade..

Desde 2011 está á fronte da Banda o seu subdirector José Luis Represas Carrera.

No 2015 toma a batuta da agrupación como director titular Andrés Valero-Castells e desde 2017 e ata a actualidade conta coa dirección de Juan José Ocón.

Ao obxecto de ter aos instrumentistas nunha primeira liña de motivación así como de facilitar a aproximación a diferentes vivencias, o equipo directivo da Banda Municipal da Coruña convida periódicamente aos seus Ciclos de Concertos a Directores, nacionais e estranxeiros, así como a solistas de diferentes instrumentos.
Dirixiron á agrupación coruñesa Enrique Rodríguez Asensio, Fernando Bonete, Sanz Espert, Pirfano, Foriscot, Pilar Vañó, Jan Cober, Peter Kuijpers, Henry Adams,…

O pasado ano 2018 celebrouse o 70 aniversario da entidade.

Banda Municipal Música Coruña
WordPress Theme built by Shufflehound. Treixadura, 2022 - Web deseñada por Coma Comunicación Creativa
has been added to the cart. View Cart

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies