Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

historia_foto

PROXIMOS CONCERTOS

Vindeiros concertos

Cargando eventos

List of eventos

Mércores 24 en Redondela | Día de Galicia

24 Xullo | 22:00 - 23:30
Chapela, San Fausto de Chapela
Rendondela, Pontevedra 36320

Para celebrar o patrón marchamos a Redondela para darlle a celebración que merece a nosa terra. Feliz DÍA DE GALICIA!

Máis información »

Xoves 25 na TVG | Gala do 25 de xullo

25 Xullo | 22:00 - 23:30
TVG, Rúa de San Marcos, S/N,
Santiago de Compostela, A Coruña 15820 Spain

O 25 conectamos con toda Galicia coa GALA DO 25 DE XULLO da televisión galega. Non o perdades!

Máis información »

Venres 26 en Outes | Inda Canto!

26 Xullo | 23:00 - 00:30
Outes, Parque "Horta do muíño"
Outes, A Coruña 15230 Spain

Seguimos coa nosa xira de verán en Outes. Vémonos o venres 26 no Parque da Horta do Muíño! Non faltedes!

Máis información »

Sábado 27 en Rois | Inda Canto!

27 Xullo | 22:30 - 00:30
Rois, Igrexa Parroquial
Rois, A Coruña 15911 Spain

Agardámovos para gozar do FESTIVAL NATURFEST, no recinto xunto a Igrexa Parroquial ás 21:00 h.

Máis información »

Domingo 28 en Guitiriz | Festa da Torta de Millo

28 Xullo | 21:30 - 23:00
Campo da Feira (Guitiriz), Praza Campo da Feira
Guitiriz, Lugo 27300 Spain

Este ano estaremos en Guitiriz participando na súa famosa Festa da Torta de Millo. Vivan as festas populares!

Máis información »

Mércores 31 en Cambados | Festa do Albariño

31 Xullo | 22:30 - 23:30
Praza Fefiñáns (Cambados), Praza de Fefiñáns
Cambados, Pontevedra 36630 Spain

Imperdible a festa do Albariño de Cambados! Alí estaremos un ano máis, na praza Fefiñáns, celebrando todo o bo que ten a nosa terra!

Máis información »
+ Exportar eventos

ÚLTIMAS NOVAS

Xira de verán – Inda Canto!

Xa comezou a nosa xira de verán, unha xira que servirá de presentación para o noso novo traballo Inda Canto! en toda Galicia. Con festivais, festas e concertos en solitario, esta xira nos levará ata finais de setembro por toda Galicia achegando a música tradicional…

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies