Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

historia_foto

PROXIMOS CONCERTOS

Vindeiros concertos

Cargando eventos

List of eventos

Sábado 27 de abril en Noia | Inda canto!

27 Abril | 21:30 - 23:00
Alameda de Noia, Alameda, Rúa Coruña 2
Noia, A Coruña 15200 Spain

Agardámosvos nas FESTAS DE SAN MARCOS en Noia, quentando o ánimo na Alameda. Vide!

Máis información »

Domingo 28 de abril en Cereixo | Inda Canto!

28 Abril | 18:30 - 20:00
Campo da Festa (San Xurxo da Estrada), Campo da Festa
San Xurxo de Cereixo (A Estrada, Pontevedra Spain

Imos a San Xurxo de Cereixo (A ESTRADA) para celebrar unha foliada como se debe no Campo da Festa. Contamos con vós!

Máis información »

Mércores 15 de Maio en Ferrol | Inda canto!

15 Maio

Celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS en Ferrol!

Máis información »

Sábado 18 no Grove | Inda Canto!

18 Maio | 08:00 - 17:00
Praza do Corgo no Grobe, Praza do Corgo
Grobe, Pontevedra 36980 Spain

Seguimos festexando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Máis información »

Domingo 16 en Barro | Inda Canto!

16 Xuño | 20:00 - 22:00
Barro, Barro
Barro, Pontevedra 36191 Spain

Estaremos na 40ª FESTA DO VIÑO en Barro coa Banda de Música Municipal Banda. Vide brindar con nós!

Máis información »

Domingo 23 de Xuño no Pino | Inda Canto!

23 Xuño
Arca (O Pino), Arca
O Pino, A Coruña 15823 Spain

Estaremos en Arca (O Pino) celebrando as FESTAS DO CORPUS.

Máis información »
+ Exportar eventos

ÚLTIMAS NOVAS

Xira de verán – Inda Canto!

Xa comezou a nosa xira de verán, unha xira que servirá de presentación para o noso novo traballo Inda Canto! en toda Galicia. Con festivais, festas e concertos en solitario, esta xira nos levará ata finais de setembro por toda Galicia achegando a música tradicional…

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies