Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

historia_foto

PROXIMOS CONCERTOS

Vindeiros concertos

Cargando eventos

List of eventos

Domingo 16 en Barro | Inda Canto!

16 Xuño | 22:00 - 23:30
Barro, Recinto de Festas no Pazo da Crega
Barro, Pontevedra 36191 Spain

Estaremos na 40ª FESTA DO VIÑO en Barro coa Banda de Música Municipal Banda. Vide brindar con nós!

Máis información »

Domingo 23 no Pino | Inda Canto!

23 Xuño
Arca (O Pino), Arca
O Pino, A Coruña 15823 Spain

Estaremos en Arca (O Pino) celebrando as FESTAS DO CORPUS.

Máis información »

Luns 24 en Sarria | Inda Canto!

24 Xuño
Sarria, Sarria, Lugo Spain

Vide celebrar as FESTAS DE SAN XOÁN.

Máis información »

Sábado 6 en Muros | Inda Canto!

6 Xullo | 23:00 - 7 Xullo | 23:00
Praza do Curro (Muros), Praza do Curro
Muros, A Coruña

Imos a Muros, un dos mellores lugares do país para gozar do verán e tamén da música que nos fai cantar e bailar xuntos. Vinde!

Máis información »

Domingo 7 en Carballo | Inda Canto!

7 Xullo | 08:00 - 17:00
Praza do Concello (Carballo), Praza do Concello
Carballo, A Coruña Spain
Máis información »

Venres 12 en Callobre | Inda Canto!

12 Xullo
Campo da Festa (Callobre, A Estrada), Campo da Festa
Callobre (A Estrada), Pontevedra

Imos ao Festival Folk de Raíz de Callobre (A Estrada) co obxectivo de que o Campo da Festa enteiro baile coa nosa música. Non faltedes!

Máis información »
+ Exportar eventos

ÚLTIMAS NOVAS

Xira de verán – Inda Canto!

Xa comezou a nosa xira de verán, unha xira que servirá de presentación para o noso novo traballo Inda Canto! en toda Galicia. Con festivais, festas e concertos en solitario, esta xira nos levará ata finais de setembro por toda Galicia achegando a música tradicional…

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies