Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

historia_foto

PROXIMOS CONCERTOS

Vindeiros concertos

Cargando eventos

List of eventos

Sábado 30, en Vigo | Inda Canto!

Marzo 30
Porta do sol (Vigo), Porta do Sol
Vigo, Pontevedra Spain

O 30 de marzo volvemos a Vigo para abrir unha nova tempada de concertos. Tendes tantas ganas coma nós de gozar da nosa música?

Máis información »

Venres 5 de abril, no Barco | Inda Canto!

Abril 5 @ 9:00 p.m. - 11:00 p.m.
Teatro Lauro Olmos (O Barco), Av. da Estación, 2
O Barco de Valdeorras, Ourense Spain

Vémonos no Barco, a encher a comarca de Valdeorras da alegría que nos dá a música, o canto e o baile do noso pobo. Non faltedes!

Máis información »

Venres 12 de abril, en Ourense | Inda Canto!

Abril 12
Ourense, Ourense, Ourense

Participamos nos actos da Coral De Ruada nun dos concertos da celebración do seu Centenario. Adiante Sempre os COROS GALEGOS!!!

Máis información »

Domingo 28 de abril en Cereixo | Inda Canto!

Abril 28
Campo da Festa (San Xurxo da Estrada), Campo da Festa
San Xurxo de Cereixo (A Estrada, Pontevedra Spain

Imos a San Xurxo de Cereixo (A ESTRADA) para celebrar unha foliada como se debe no Campo da Festa. Contamos con vós!

Máis información »

Sábado 6 de xullo en Muros | Inda Canto!

Xullo 6
Praza do Curro (Muros), Praza do Curro
Muros, A Coruña

Imos a Muros, un dos mellores lugares do país para gozar do verán e tamén da música que nos fai cantar e bailar xuntos. Vinde!

Máis información »

Venres 12 de xullo en Callobre | Inda Canto!

Xullo 12
Campo da Festa (Callobre, A Estrada), Campo da Festa
Callobre (A Estrada), Pontevedra

Imos ao Festival Folk de Raíz de Callobre (A Estrada) co obxectivo de que o Campo da Festa enteiro baile coa nosa música. Non faltedes!

Máis información »
+ Exportar eventos

ÚLTIMAS NOVAS

Xira de verán – Inda Canto!

Xa comezou a nosa xira de verán, unha xira que servirá de presentación para o noso novo traballo Inda Canto! en toda Galicia. Con festivais, festas e concertos en solitario, esta xira nos levará ata finais de setembro por toda Galicia achegando a música tradicional…

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies